Cargando resultados...
Alertan en Vilaboa dun calote ás persoas maiores
Un home simula descoñecer a moeda española e acaba quedando cos billetes que lle ensinan
G24.gal
30/09/2025 13:15
O Concello e a Policía Local de Vilaboa na provincia de Pontevedra alertan dun calote ás persoas maiores.
Un home de acento suramericano simula non coñecer os billetes españois, polo que consegue que alguén llos ensine e acaba quedando con eles.
O último caso coñecido ocorría na parroquia de Santa Cristina de Cobres, e o suposto estafador conseguiu levar 50 euros. A denuncia presentouse no cuartel da Garda Civil de Moaña.
O home é alto ten boa presenza, e a última vez que actuou levaba posta unha camisa hawaiana.