Publicador de contidos

Publicador de contidos

Décimo aniversario dos atentados xihadistas de París en que 130 persoas foron asasinadas

Décimo aniversario dos atentados xihadistas de París en que 130 persoas foron asasinadas

Tres células terroristas atacaron o Estadio de fútbol de Francia, bares e restaurantes e a sala de concertos Bataclán

 

G24.gal 15/11/2025 15:30

Cúmprense dez anos dun dos atentados xihadistas máis graves en Europa. Aconteceu en París, tres comandos atacaron simultaneamente varios escenarios da cidade, entre eles a sala de concertos Bataclan. 132 persoas morreron aquel fatídico 13 de novembro de 2015 e centos de superviventes continúan aínda hoxe loitando por superar o trauma.

Xogábase un partido de fútbol amigable entre a selección gala e a alemá, cando soaron as primeiras explosións.Tres terroristas inmoláronse nas inmediación do estadio. Evacuaron todos os asistentes, entre os que estaba o presidente da República, Francois Hollande.

A penas cinco minutos despois da primeira explosión no estadio, comezaba o caos no centro. Outro comando empezaba a tirotear as terrazas de seis bares e restaurantes, ademais era venres e os bares estaban ateigados. 39 persoas morreron nestrouta serie de ataques.

Pero o peor da noite aínda estaba por chegar. Sala Bataclan. 1500 persoas asistían ao concerto da banda estadounidense Eagles of Death Metal. Entraron no local tres homes armados con fusís de asalto e cintos explosivos e comezaron a disparar á multitude. 90 persoas morreron en cuestión de minutos.

Outros conseguiron salvarse fuxindo pola parte de atrás do local, mesmo pendurándose pola ventá. Os terroristas atrincheiráronse horas dentro da sala con ducias de persoas como reféns. Contra a unha da mañá, un corpo de elite da Policía Francesa asalta o local. Un terrorista morre dun disparo, os outros dous ao detonaren eles mesmos os explosivos que cargaban.

O Estado Islámico axiña reclamou a autoría do atentado. Quixo castigar así a Francia, por participar nos bombardeos sobre Siria e Iraq. Xa en xaneiro dese ano, os xihadistas atacaran a revista Charlie Hebdo, mantando doce persoas. O país estaba en alerta máxima, aínda así, os terroristas foron capaces de orquestrar un ataque múltiple á capital do país Oito dos terroristas faleceron aquela noite, so sobreviviu un que conseguiu fuxir a Bruxelas. rrestárono catro meses despois e cumpre cadea perpetue en Francia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade