Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xornada festiva de Reis na paisaxe nevada do Cebreiro

Xornada festiva de Reis na paisaxe nevada do Cebreiro

Acudiron centos de visitantes, sobre todo familias con pequenos, chegadas de todo o país, que xogaron coa neve

Dous visitantes dispóñense a escorregar pola neve
Félix Aragunde. Imaxe: Afonso G. Novoa. 06/01/2026 20:23 Última actualización 06/01/2026 21:38

Na tarde de Reis O Cebreiro acolleu centos de visitantes na procura dunha paisaxe cuberta de branco. Acudiron sobre todo familias con pequenos, que non desaproveitaron a ocasión para xogar con bólas de neve ou para deixarse esvarar sobre zorras monte abaixo.

"Un día de Reis con nevada, todos os pequenos aquí pois piden obxectos que se usan no inverno cando está así, comas as zorras, as pas ou as cousas de facer bólas de neve", sinala o comerciante José López. 

Os asistentes a esta festa da neve proviñan de todo o país, principalmente das cidades de Lugo ou da Coruña. Pero tamén os había chegados doutras latitudes, que nunca antes viran unha paisaxe nevada.

Por momentos, o espazo para aparcar arredor do Cebreiro quedou xusto, o que non impediu que todo o mundo gozase dunha xornada festiva onde o maior agasallo era pasalo ben na neve.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade