Publicador de contidos

Publicador de contidos

Consellos para poder conducir polas estradas cheas de xeo e neve con seguridade

Consellos para poder conducir polas estradas cheas de xeo e neve con seguridade

Ante o risco destas condicións, a principal recomendación é conducir con suavidade especialmente á hora de frear

Imaxe dun vehículo por unha estrada
G24.gal 07/01/2026 12:23

A causa da baixada das temperaturas, un dos principais riscos reside na aparición de xeada ou mesmo placas de xeo nas estradas, que poden facer esvarar os vehículos.

Unha das principais consecuencias é a perda de adherencia dos vehículos ao asfalto, o que complica manobras como xiros ou freadas e incrementa o risco de sufrir un accidente.

É por iso que cómpre extremar a precaución ao volante e seguir as recomendacións de seguridade para evitar perder o control do coche.

"Que se nos vaia o coche, non? Esvarar e irmos cara a cuneta ou provocar un accidente con máis coches. É o risco máis grande que temos", asegura Josefa Sangiao, xefa presidenta de Protección Civil de Arzúa.

Ante o risco que atinxen estas condicións, a principal recomendación de seguridade é evitar coller o coche ou deterse nos casos de maior afectación.

Con todo, non sempre é posible anticipar o estado da calzada, polo que, en caso de atoparnos con placas de xeo no medio dun desprazamento, cómpre reducir a velocidade e conducir con suavidade, especialmente á hora de frear.

"O que temos é que reducir moito a velocidade, tamén ter a distancia de seguridade, máis distancia de seguridade entre os coches e intentar frear sempre co motor... evitar as freadas bruscas, volantazos...

"E despois, tamén, se nalgún momento vemos a cousa complicada, é mellor parar e informar os medios de emerxencias", aconsella Sangiao.

Son algunhas das pautas a ter en conta para evitar incidentes ao volante nunha recta final das vacacións de Nadal que vén da man de baixadas no termómetro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar