Cargando resultados...
Un camión avariado provoca retencións para entrar en Vigo dende Rande
O vehículo xa foi retirado do lugar
G24.gal
07/01/2026 18:10
Última actualización 07/01/2026 19:40
Un camión que quedou parado á saída da ponte de Rande está causando retencións para entrar na cidade de Vigo.
A avaría produciuse á altura do km 149 da autoestrada AP-9.
Un guindastre puido xa remolcar o vehículo avariado e sacalo do lugar.