Publicador de contidos

Publicador de contidos

Visto para sentenza o xuízo ao acusado de violar tres mulleres e obrigalas a prostituírse

Visto para sentenza o xuízo ao acusado de violar tres mulleres e obrigalas a prostituírse

O home supostamente captara as vítimas para traballar nun club de Ordes como camareiras ou limpadoras 

G24.gal 09/01/2026 14:01

Visto para sentenza na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo contra un home acusado de violar a tres mulleres ás que supostamente captara para traballar nun club de Ordes como camareiras ou limpadoras e logo as instigou a prostituírse.

A derradeira xornada do xuízo adiárase desde decembro para que puidera viaxar desde Colombia unha das vítimas para declarar, pero non se presentou. O tribunal da Audiencia Provincial da Coruña optou por reproducir en sala a declaración que xa fixera no xulgado.

Relatou que a captaran a través dun anuncio de traballo como limpadora nun club de Ordes. Asegurou que o acusado a instigou a prostituírse e que a violou en dúas ocasións, nunha delas baixo submisión química. Tamén relatou que presenciou como o acusado violaba a outra das vítimas, que era menor de idade. Dixo que as tiñan encerradas, sen luz, nin auga nin comida e que só podían saír acompañadas.

Declararon a continuación os gardas civís que investigaron o caso. Corroboraron a maneira de actuar do acusado, que tomou notas de todo canto se dicía na sala. Aseguraron que captaba as vítimas, todas en situación irregular a través de anuncios falsos. Obrigábaos a entregarlle unha cantidade de cartos como garante para contratalos. Logo non lles pagaba e ás que prostituía encerrábaas e coaccionábaas para que non fuxiran.

O acusado, que só contestou as preguntas do seu avogado negou todas as acusacións. A defensa mantén a petición de libre absolución

A acusación popular exercida pola ONG S.O.S Racismo pide para o acusado 175 anos de prisión. A Fiscalía solicita unha pena de 71 anos de cárcere.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade