Os forenses avalan a versión da mulleres que denunciaron que foron violadas polo propietario dun club de alterne de Ordes
Os forenses avalan a versión da mulleres que denunciaron que foron violadas polo propietario dun club de alterne de Ordes
O propietario está acusado de captar 3 mulleres para traballar nun club de citas en Ordes e sometelas a submisión química para violalas
O avogado da defensa insiste nas irregularidades do proceso e na falsidade das declaracións de vítimas e testemuñas
Cunha imaxe coidada e tomando notas de todo canto sucedía na sala, así asistiu a esta segunda xornada do xuízo o acusado de captar 3 mulleres para traballar nun club de citas que rexentaba en Ordes e sometelas a submisión química para violalas.
A súa muller saíu na súa defensa asumindo que era ela a que se encargaba de contratar o persoal e que estaba sempre no local. Un aspecto que o fiscal puxo en dúbida en base ás declaracións das testemuñas.
O avogado da defensa insiste nas irregularidades do proceso e na falsidade das declaracións de vítimas e testemuñas. Asegura que todo se debe a unha animadversión das denunciantes cara ao denunciado.
Nesta segunda xornada declararon os forenses que certificaron o dano psicolóxico que sufrían as vítimas cando as avaliaron e que é compatible coas agresións denunciadas. Tamén que o seu relato é crible e non inventado. Os forenses médicos non puideron certificar que foran sometidas a submisión química porque transcorrera moito tempo desde o feitos ata que as avaliaron.