Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia de Pontevedra arquiva as actuacións pola morte de Manuela Barbosa

A Audiencia de Pontevedra arquiva as actuacións pola morte de Manuela Barbosa

O cadáver desta muller de Redondela desaparecida en 2021 foi achado en 2024 nunha leira próxima á casa da súa filla en Arcade con signos de violencia

Arquivo Arquivo
G24.gal 11/06/2026 13:07

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, avalou o sobresemento provisional e arquivo das actuacións sobre a morte de Manuela Barbosa, a muller de Redondela que desapareceu en 2021 e cuxo cadáver foi achado en 2024 nunha leira próxima á casa da súa filla en Arcade.

A súa morte pasou a investigarse como homicidio e o informe da autopsia concluíu que faleceu como consecuencia dun acto violento, ao recibir varios golpes na cabeza cun obxecto contundente.

O xulgado de Redondela decretou o sobresemento provisional e arquivo das actuacións o 2 de decembro de 2025 ao considerar que, tras numerosas dilixencias policiais e xudiciais, non existían indicios suficientes sobre a autoría da morte.

Os familiares da muller interpuxeron un recurso de reforma que foi desestimado o pasado 2 de febreiro e, subsidiariamente, o recurso de apelación que agora a Audiencia de Pontevedra desestima tamén. Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ordinario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade