Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha rotura "intencionada" da catenaria suprime dous trens entre Monforte e Lugo

Unha rotura "intencionada" da catenaria suprime dous trens entre Monforte e Lugo

A avaría produciuse ás 13:00 horas e a media tarde restableceuse a circulación ferroviaria

Renfe puxo en marcha un plan alternativo de transporte por estrada para as conexións de media distancia

G24.gal 10/01/2026 15:18 Última actualización 10/01/2026 20:02

A rotura dunha catenaria, en varios puntos da rede ferroviaria na provincia de Lugo, e un posterior desprendemento de ménsula obrigaron a interromper a circulación entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo, durante varias horas.

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) asegurou en redes, a través da súa conta en X, que a crebadura foi "intencionada", pero non especificou que ou quen a ocasionou.

O incidente, ocorrido en torno ao mediodía deste sábado, produciuse entre Laxosa, Pobra de San Xián (parroquia de Láncara) e Sarria.

Como consecuencia, Renfe puxo en macha un plan alternativo de transporte por estrada entre Monforte e Lugo para os trens de Media Distancia 12695 e 12696.

A media tarde, unha vez reparada a avaría, restableceuse a circulación. Ademais dos traxectos suprimidos, houbo atrasos en tres conexións de Longa Distancia e noutro de Media Distancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade