Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha avaría deixa 200 veciños sen luz durante horas no barrio vigués de Teis

Unha avaría deixa 200 veciños sen luz durante horas no barrio vigués de Teis

Naturgy asegura que foi unha avaría na liña 

A subministracións restableceuse pasadas as 10 da noite

Houbo zonas de Teis que estiveron ata 5 horas sen luz

G24.gal 09/01/2026 14:09

Uns 200 veciños quedaron sen luz nas últimas horas no barrio vigués de Teis. O servizo foi interrompido por unha avaría na liña e quedou restablecido contra as dez e media da noite. Vivendas e negocios tiveron problemas pola falta de luz, que tamén se notou na circulación, ao quedar os semáforos sen electricidade. 

A baixada a Ríos foi a zona máis afectada pola falta de subministración. Empezaron a notar baixadas na tensión sobre as cinco da tarde e moitos foron para a cama sen que volvera a luz. 

Na Avenida de Galicia o corte afectou aos semáforos e provocou algún problema puntual no tráfico. Malia todo, nesta zona de Teis o corte durou menos tempo.

Houbo vivendas onde non puideron facer a cea, outros tiveron problemas para meter o coche no garaxe.

Os máis afectados, os comercios e empresas da zona, tamén algunha cafetería que tivo que pechar. 

Dende o apagamento hai quen ten na casa do que botar man, e hai quen tira de paciencia.

Naturgy di que a incidencia se debeu a unha avaría na liña. Os técnicos conseguiron arranxala e restablecer a subministración sobre as 10 e media da noite. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade