Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uns 3.000 veciños estiveron sen luz en Cerdedo Cotobade, Forcarei e A Lama máis de cinco horas

Uns 3.000 veciños estiveron sen luz en Cerdedo Cotobade, Forcarei e A Lama máis de cinco horas

A caída dunha árbore deixounos sen subministración desde as 14:30 ás 20:00 horas

G24.gal 03/06/2026 14:17

Os veciños de Cerdedo Cotobade e parte dos de Forcarei e A Lama quedaron onte sen luz a meirande parte do día. Tremeron coa lembranza do grande apagamento do ano pasado, pero desta volta o que aconteceu foi que unha árbore de grandes dimensións caera sobre o tendido. 

Este mércores aínda quedaban restos desa árbore que deixou sen luz máis de 3.000 clientes de Naturgy en Cerdedo Cotobade, Forcarei e A Lama. A corta dunha árbore no lugar de Dorna afectou primeiramente á subministración da zona máis próxima de Sacos. Logo desa avaría inicial, o sistema xerou un segundo fallo que afectou ao resto da poboación. 

Afectou sobre todo aos veciños de San Xurxo de Sacos, Santa María e todas as parroquias de Cerdedo, que estiveron sen electricidade dende as dúas e media ata as oito da tarde. 

O recordo do grande apagamento de abril do ano pasado levounos a pensar no peor. Pero desta estaban preparados, pero preocupados por todo o gardado en neveiras e galpóns. Problemas sobre todo para os negocios da zona, que dependen totalmente a electricidade, mesmo para cobrar. 

Susto tamén para os veciños de Bueu, coa caída dunha árbore do paseo da Banda do Río, preto do antigo astaleiro de Purro. Caeu nunha das zonas axardinadas e afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade