Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal deixa sen luz fogares e negocios de Noia

O temporal deixa sen luz fogares e negocios de Noia

Os problemas persisten na zona da Labarta por unha avaría na fase que os abastece

Veciños e comerciantes quéixanse de que os cortes continúan malia a instalación dun xerador

 

G24.gal 27/01/2026 14:21

O forte temporal de vento e chuvia deixou ás escuras e por momentos moitos veciños de Noia. Pero na zona da Labarta o problema persiste por culpa da avaría dunha fase que abastece varías rúas.

A compañía instalou un xerador mentres tenta solucionar o problema, pero os cortes continúan. Os negocios son os que levan a peor parte.

A piscina municipal tamén está afectada pola avaría, e tamén hoxe tivo que volver pechar coa xente dentro.

Ademais, nas últimas horas, emerxencias de Noia atendeu ducias de incidencias derivadas do temporal, e mesmo dous rescates de persoas en coches, unha nai e seu fillo en Mazaricos e un home en Lousame.

Rescates, desprendementos de terra e cortes de luz que aínda persisten tras o paso de Joseph pola comarca de Noia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade