Publicador de contidos

Publicador de contidos

A avaría nunha fonte enchoupa varias terrazas de hostalería na Coruña

A avaría nunha fonte enchoupa varias terrazas de hostalería na Coruña

Un hostaleiro di que ten que andar saltando os charcos e que os clientes protestan

O problema comezou hai máis de quince días

G24.gal 06/03/2026 14:10

A fonte que hai na praza de España, na Coruña, está vertendo auga continuamente desde hai máis de quince días.

"Unha veciña díxome que vira como un camión lle dera un golpe. A raíz de aí, comezou a verter auga e ata agora".

E toda esta auga vai parar, sobre todo, a unha terraza.

"Eu monto a terraza e teño que andar saltando os charcos. E os clientes quéixanse porque mollan os pés".

E como consecuencia, din que sofren malos cheiros e mosquitos.

"Desde que comezou este problema, aquí cheira mal". "A auga queda toda aí, en pozas, e veñen os mosquitos".

Porén a avaría na fonte non é a única queixa que teñen. A otra é esta fochanca.

"Eu xa vin caer aí unha señora". "Son os camións que veñen repostar, levantan todo, e así queda".

Para evitar males maiores e poder traballar a gusto, esixen melloras urxentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade