Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablecido a subministración de auga na Illa de Arousa tras dez horas de corte

Restablecido a subministración de auga na Illa de Arousa tras dez horas de corte

A rotura dunha tubaxe deixou sen servizo a toda A Illa nunha xornada na que a poboación supera os 25.000 habitantes

G24.gal 24/07/2026 09:58

O subministro de auga quedou restablecido na Illa de Arousa arredor das 22:30 horas do xoves, despois de permanecer interrompido durante dez horas por unha avaría nunha tubaxe principal na zona dos Carballos. 

A incidencia produciuse ao mediodía, cando unha máquina rompeu a condución principal, o que obrigou a cortar a subministración en toda A Illa para reparar os danos. Como meidda provisional, habilitouse un camión cisterna para abastecer d auga á veciñanza mentres se prolongaban os traballos. 

O alcalde da Illa de Arousa, Luis Arosa, explicou que a empresa responsable da rede traballou durante toda a tarde para solucionar a avaría e destacou a comprensión da veciñanza e dos visitantes. 

"Foi unha incidencia que non se podía prever e a xente entendeu perfectamente a situación", sinalou 

A poboación multiplícase no verán 

O corte produciuse en plena tempada estival, cando a Illa de Arousa pasa duns 4.800 habitantes durante o resto do ano preto de 25.000 persoas. Luis Arosa recoñeceu que esta circunstancia complicou máis a sittuación, aínda que asegurou que o servizo puido recuperarse sen máis incidencias. 

A esta avaría sumáronse os problemas de intranet e telefonía que afectaron á Illa durante os últimos días. Segundo explicou o alcalde, a incidecia estivo relacionada cunha empresa de telecomunicacións que xa foi solucionada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade