Tres persoas morren e varias resultan feridas en distintas avalanchas no norte de Italia
Dous esquiadores e un alpinista faleceron en Piamonte e Véneto
Arquivo dun operativo de rescate en Italia. Karl-Josef Hildenbrand
Tres persoas morreron e varias resultaron feridas este venres en diferentes avalanchas de neve rexistradas en zonas montañosas do norte de Italia, nas rexións de Piamonte e Véneto.
A primeira alarma activouse pasado o mediodía no val alpino de Maira, no suroeste de Piamonte, a máis de 2.300 metros de altitude.
Unha avalancha arrastrou dous esquiadores de montaña.
Unha muller de nacionalidade alemá perdeu a vida.
Os equipos de rescate mobilizaron efectivos alpinos, persoal sanitario e tres helicópteros.
As fortes rachas de vento dificultaron as tarefas de rescate na zona.
Un segundo falecido en Bobbio Pellice
Noutra avalancha rexistrada tamén en Piamonte, no municipio de Bobbio Pellice, un esquiador de montaña morreu tras ser arrastrado ata o fondo dun val.
Outro deportista conseguiu chegar a un refuxio e deu a alerta.
Os equipos de rescate localizaron a vítima parcialmente cuberta pola neve.
Non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Morte dun alpinista nos Pequenos Dolomitas
Na rexión de Véneto, un alpinista de 50 anos morreu polas lesións sufridas na cabeza e no abdome.
A avalancha arrastrouno varias decenas de metros mentres descendía do Vajo Gabele, nos Pequenos Dolomitas.
O home practicaba a actividade acompañado doutro montañeiro.