Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home morre atropelado por un camión cisterna en Lugo

Un home morre atropelado por un camión cisterna en Lugo

O suceso ocorreu no lugar de Carballido

G24.gal 02/01/2026 19:11 Última actualización 02/01/2026 20:10

Un home de mediana idade morreu atropelado por un camión cisterna dobre en Lugo.

O suceso ocorreu arredor das cinco e media da tarde nunha estrada do lugar de Labio.

Segundo relatou a persoa que chamou ao 112 para informar, o vehículo, un camión de dobre cisterna, atropelou o home e seguiu circulando. Tamén avanzou que pensaba que estaba falecido.

Pouco despois, co equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa no punto, confirmouse o falecemento e, agora, compróbase se a vítima residía no mesmo lugar onde foi atropelada.

Pola súa parte, os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico recompilan toda a información sobre o sinistro co fin de coñecer todas as circunstancias do suceso. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade