Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha nena atropelada en Palma e a nai e a avoa quedan feridas

Morre unha nena atropelada en Palma e a nai e a avoa quedan feridas

O condutor puido perder o control do coche, subiu á beirarrúa e colleunas

A Policía no lugar dos feitos. EFE/Miquel A. Borràs A Policía no lugar dos feitos. EFE/Miquel A. Borràs
G24.gal 14/12/2025 20:53

Unha nena de 7 anos morreu e a súa nai e a súa avoa quedaron feridas este domingo nun atropelo ocorrido en Palma de Mallorca. O condutor subiu á beirarrúa por causas que se investigan pero as primeiras informacións apuntan a que puido perder o control do coche.

Os feitos ocorreron durante a mañá no barrio de Coll d'en Rabassa, nas inmediacións dunha coñecida carnicería. A nai está en grave e a avoa sufriu unha fractura de clavícula. 

O condutor, que ten unha idade próxima aos 50 anos e deu negativo no test de alcoholemia, foi trasladado ao hospital para practicarlle varias probas pero non sufriu danos.

Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos do SAMU 061, da Policía Local de Palma e da Policía Nacional, que investigan os feitos. Ademais, desprazouse un equipo de psicólogos do 112 para atender a familia da nena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade