Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home atropelado na A-6 ao seu paso polo concello de Begonte

Falece un home atropelado na A-6 ao seu paso polo concello de Begonte

Foi un dos particulares que viaxaban no coche implicado quen informou o 112

Unha muller quedou ferida tras irse da vía e envorcar co seu coche en Abegondo

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 13/12/2025 22:52 Última actualización 14/12/2025 11:21

Emerxencias de Galicia 112 informa de que minutos despois das 20:40 horas deste sábado chegou o primeiro aviso dun atropelo na A-6.

Foi un dos particulares que viaxaban no coche implicado quen informou o 112 Galicia de que acababan de accidentarse á altura do quilómetro 521 da A-6, ao seu paso por San Martiño de Pacios (Begonte) e en dirección Lugo.

De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Friol-Palas e dos servizos de mantemento da estrada. Tamén se informaron os Bombeiros de Vilalba.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencias confirmaron que se tratara dun atropelo a un home, cuxo falecemento foi confirmado pouco despois polos servizos sanitarios a pesar dos esforzos por salvarlle a vida. As forzas da orde investigan as circunstancias do suceso. 

 

Unha muller quedou ferida tras irse por fóra da vía e envorcar co seu coche en Abegondo

O 112 Galicia tivo constancia deste accidente contra as 18:40 horas, a través da propia implicada: acababa de envorcar co seu coche pouco antes da ponte da autoestrada, na parroquia de Cerneda (Abegondo).

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Betanzos e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar a muller, que conseguiu saír do vehículo coa axuda duns familiares. Foi atendida polo persoal sanitario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade