Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatado o corpo sen vida dun home na Senda da Auga ao seu paso por Redondela

Rescatado o corpo sen vida dun home na Senda da Auga ao seu paso por Redondela

O falecido, de 80 anos, sufriu un esvaecemento e caeu por un valado de dous metros

FOTO: GES de Mos FOTO: GES de Mos
G24.gal 27/12/2025 13:36 Última actualización 27/12/2025 14:05

Un home de 80 anos faleceu este sábado na Senda da Auga, ao seu paso polo concello de Redondela, tras esvaecer e precipitarse por un valado de dous metros de altura.

Un ciclista avisou os servizos de emerxencia sobre as 9:35 horas. Segundo a Policía municipal, o falecido paseaba na compaña dun veciño cando sufriu un vaído e caeu a unha pista de difícil acceso.

 

FOTO: GES de Mos FOTO: GES de Mos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade