Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente de tráfico en Forcarei deixa tres persoas feridas, dúas delas graves

Un accidente de tráfico en Forcarei deixa tres persoas feridas, dúas delas graves

O sinistro produciuse na N-541, na parroquia de Ventoxo, tras unha colisión frontal entre dous vehículos

G24.gal 25/12/2025 20:52 Última actualización 25/12/2025 21:22

Tres persoas resultaron feridas, dúas delas de carácter grave, nun accidente de tráfico rexistrado na tarde deste xoves no municipio de Forcarei.

O sinistro produciuse na estrada N-541, á altura do quilómetro 58, ao seu paso pola parroquia de Ventoxo.

Un particular alertou o 112 Galicia arredor das 18.30 horas e informou dunha colisión frontal entre dous vehículos, con persoas feridas e a posibilidade de que algunha estivese atrapada.

A sala de operacións do 112 Galicia avisou de inmediato os servizos sanitarios do 061, os bombeiros do Deza, o GES da Estrada e a Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que non había persoas atrapadas no interior dos vehículos.

Os servizos sanitarios trasladaron tres persoas ao hospital.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade