Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor foxe logo de golpear outro vehículo na A-56 en Ames

Un condutor foxe logo de golpear outro vehículo na A-56 en Ames

G24.gal 24/12/2025 10:07

Esta xornada de Noiteboa comezaba xa cun accidente. Á primeira hora da mañá, uns minutos despois das sete, producíase un sinistro no concello de Ames. 

Foi na autovía AG-56, no punto quilométrico 5 en dirección a Noia, á altura de Ortoño. Segundo confirmou o 112, un coche que ía circulando pola vía sufriu un golpe por parte doutro vehículo que fuxiu. O condutor do coche golpeado foi trasladado ao hospital. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade