Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta anima os concellos a sumarse ao convenio de xestión da biomasa

A Xunta anima os concellos a sumarse ao convenio de xestión da biomasa

O novo acordo asinado con SEAGA ata 2029 contempla un aumento do orzamento ata os 25 millóns, e vaise publicar no DOG o vindeiro luns 29

G24.gal 24/12/2025 08:17

A Consellería do Medio Rural anima os concellos a adherirse ao convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias para contar co apoio da Xunta.

A conselleira María José Gómez presentoulles a alcaldes e alcaldesas o novo acordo asinado con SEAGA ata 2029 e que contempla un aumento do orzamento ata os 25 millóns. Gómez asegurou que a prevención de incendios é prioritario para a Xunta e tarefa de todos. 

Gómez informou de que o novo convenio para a limpeza de biomasa nas franxas secundarias publicarase o vindeiro luns, 29 de decembro, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a partir do cal poderán adherirse os municipios galegos.

Todo iso despois de que a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) non rubricase este acordo ao rexeitalo por considerar que conta con medidas insuficientes tras a vaga de incendios que arrasou máis de 100.000 hectáreas o pasado verán.

Na súa intervención ante os rexedores, a conselleira convidou a sumarse a este convenio que "ofrece vantaxes para todos os municipios", xa que desde 2018 opina que se demostrou que "é eficaz". "Seguimos confiamos neste sistema que creo que funciona", asevera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade