Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ingresadas unha nai e a súa filla por intoxicación de monóxido de carbono en Santiago

Ingresadas unha nai e a súa filla por intoxicación de monóxido de carbono en Santiago

O suceso, que tivo lugar ás 4:00 horas desta madrugada, puido ser debido a un escape de gas na vivenda

Imaxe de arquivo dos bombeiros de Santiago de Compostela Imaxe de arquivo dos bombeiros de Santiago de Compostela
G24.gal 23/12/2025 10:29

Dúas persoas, nai e filla, foron ingresadas no Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) debido a unha intoxicación severa de monóxido de carbono, aínda que as súas vidas non corren perigo.

Segundo informa o servizo de emerxencias 112, os feitos sucederon esta madrugada, na vivenda das afectadas, situada na rúa do Hospitaliño, en Santiago de Compostela.

Sobre as 04:00 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para solicitar comunicación cos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por este suceso.

Posteriormente, arredor das 06:30 horas, os xestores de emerxencias recibían a chamada dos facultativos do complexo hospitalario, que confirmaban o ingreso de dúas mulleres por intoxicación de monóxido de carbono e indicaban que, posiblemente, un escape de gas na vivenda, podía ser a causa.

Ao chegar ao lugar e feitas correspondentes medicións, os bombeiros confirmaron a presenza de niveis deste gas na vivenda, aínda que aseguraron que non había combustión no seu interior.

Por iso, desde o 112 Galicia tamén se informou o persoal da compañía subministradora de gas.

Segundo informa La Voz de Galicia, ao non detectarse con seguridade a fuga de gas, decidiuse precintar os números 1, 2, 5 e 7 do Hospitaliño e o 5 da praza de San Roque, que permanecerán nese estado ata que reaparezan os bombeiros na compañía do persoal da empresa subministradora de gas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade