Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde por completo unha casa turística no Saviñao

Arde por completo unha casa turística no Saviñao

A vivenda estaba ocupada por unha única muller, que saíu ilesa

G24.gal 23/12/2025 10:53

Foi precisamente a única inquilina, unha muller de fala inglesa, quen, sobre as doce e media desta pasada noite chamou ao 112 Galicia para indicar que se atopaba nunha casa vacacional no concello lucense do Saviñao. Aseguraba que a casa ardía por completo, pero que ela estaba ben e non precisaba asistencia sanitaria.

Neste caso, afortunadamente, non houbo persoas afectadas. A vivenda estaba ocupada por unha única muller, que saíu ilesa.

Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso de inmediato aos Bombeiros de Chantada, á Garda Civil, aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e tamén participou na extinción o persoal do servizo provincial de incendios.

Finalmente, os Bombeiros confirmaron que ardeu por completo una adega pequena que fora restaurada para vivenda turística. Colapsou o tellado, pero, por fortuna, a muller saíu ilesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade