Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous mortos e un ferido grave tras unha malleira nunha pedanía de Elx, en Alacant

Dous mortos e un ferido grave tras unha malleira nunha pedanía de Elx, en Alacant

Os dous supostos autores, pendentes de ser detidos, están cercados pola Garda Civil

Imaxe de arquivo da Garda Civil Imaxe de arquivo da Garda Civil
G24.gal 23/12/2025 10:05

Dous homes morreron e un terceiro atópase ingresado grave no Hospital de Elx tras unha malleira na pedanía ilicitana de La Marina presuntamente dous individuos que se atopan nestes momentos encerrados dentro dunha vivenda desa zona, cercada pola Garda Civil para proceder á súa detención.

Fontes do instituto armado informaron a EFE de que o suceso ocorreu este luns sobre as 18 horas e sinalaron que tanto as dúas vítimas mortais como o ferido grave son de nacionalidade alemá.

Os dous supostos autores, ambos de nacionalidade polaca, están pendentes de ser detidos e permanecen no interior dunha vivenda situada nunha zona illada da pedanía de La Marina, segundo as mesmas fontes.

A Garda Civil estableceu un cercado de seguridade no lugar para deter aos dous supostos autores, que contan con antecedentes, explicaron as citadas fontes.

Os dous asasinados morreron como consecuencia dunha malleira, segundo fontes do instituto armado, que precisaron que o móbil dos feitos non apunta de momento a un posible axuste de contas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade