Tres persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Boiro
Segundo informa o 112 Galicia, ás catro da madrugada foi o pai o primeiro en darse conta da posible fuga de gas, polo que procedeu desconectar o quentador e unha estufa de gas da súa vivenda, situada no lugar Aldea de Arriba, en Castro
Tres persoas dunha mesma familia, os pais e unha nena, resultaron intoxicadas por monóxido de carbono na madrugada deste luns nunha vivenda en Boiro por mor dunha fuga de gas nun quentador.
Segundo informa o 112 Galicia, ás catro da madrugada foi o pai o primeiro en darse conta da posible fuga de gas, polo que procedeu desconectar o quentador e unha estufa de gas da súa vivenda, situada no lugar Aldea de Arriba, en Castro. Aínda así, a familia tivo que desaloxar a casa.
O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contactou co 112 Galicia para informar de que estaban no centro de saúde con dúas persoas afectadas por intoxicación e que unha terceira estaba no domicilio esperando pola ambulancia. Así mesmo, informouse os Bombeiros de Boiro e aos axentes da Garda Civil, da Policía Local, así como aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.