Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha persoa tras caer ao mar co seu vehículo no porto de Vilanova de Arousa

Morre unha persoa tras caer ao mar co seu vehículo no porto de Vilanova de Arousa

O sinistro produciuse pouco antes das oito da mañá, e pasadas as nove os mergulladores recuperaron o corpo do condutor falecido

G24.gal 22/12/2025 10:20

Un condutor faleceu este luns tras caer ao mar no porto de Vilanova de Arousa, segundo confirmou o 112 Galicia. En concreto, o persoal de Gardacostas contactou arredor das 09:15 horas coa Central de Emerxencias para informar de que os mergulladores desprazados atoparan o corpo do falecido.

Ata o lugar do accidente desprazárase persoal de Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Vilagarcía, Garda Civil, Policía Local e efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Fora ao redor das 08:00 horas deste luns cando axentes da Garda Civil informaran o 112 de que un coche, cunha persoa no seu interior, estaba na auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade