Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente de tráfico en Moaña e outro en Salvaterra deixan dúas vítimas mortais

Un accidente de tráfico en Moaña e outro en Salvaterra deixan dúas vítimas mortais

Un home morreu na AP-9 tras chocar unha furgoneta e un coche preto da ponte de Rande

Un motorista de 30 anos faleceu ao bater contra un turismo en Salvaterra de Miño

Imaxe do accidente ocorrido na AP-9 en Moaña
G24.gal 20/12/2025 10:16 Última actualización 20/12/2025 17:09

Dúas persoas morreron este sábado en senllos accidentes de tráfico. O primeiro rexistrouse arredor da unha e cuarto da madrugada na estrada PO-510 ao seu paso por Salvaterra de Miño.

A vítima é un motorista de 30 anos veciño de Vigo, que faleceu tras bater contra un coche que saíra fóra da vía. Cando chegaron os efectivos de emerxencia só puideron confirmar o seu falecemento.

Tras o sinistro, axentes da Garda civil localizaron o condutor do vehículo nun bar. Fixéronlle a proba de alcoholemia e deu positivo.

Estado no que quedou o coche accidentado en Moaña Estado no que quedou o coche accidentado en Moaña

Choque na AP-9

Horas máis tarde, sobre as oito da mañá, produciuse outro accidente en Moaña, no quilómetro 148 da AP-9, en dirección Pontevedra, moi preto da Ponte de Rande.

Un home morreu e outras tres persoas quedaron feridas na colisión entre un turismo e unha furgoneta, que debido á violencia do impacto envorcou, aínda que o seu condutor saíu ileso.

O estado no que quedou o turismo fixo que os bombeiros tiveran que excarcerar un dos seus ocupantes. O falecido é unha das persoas que viaxaban neste vehículo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade