A Garda Civil rescata dous sendeiristas arrastrados por unha avalancha de neve na Rioxa
Os propios accidentados, de 55 e 58 anos, foron os que alertaron os servizos de emerxencia
Un helicóptero da Garda Civil e o Grupo de Rescate e Intervención en Montaña puideron chegar ata o lugar de difícil acceso
Un dos sendeiristas foi evacuado con posibles fracturas a un hospital
Dous sendeiristas foron rescatados este domingo tras verense sorprendidos por unha avalancha de neve na contorna da estación rioxana de esquí de Valdezcaray.
Os propios accidentados, de 55 e 58 anos, foron os que alertaron os servizos de emerxencia. Os dous homes foran arrastrados uns 200 metros polo alude. O sistema de localización de chamadas permitiu aos servizos de emerxencia coñecer a súa situación exacta.
Os sendeiristas quedaran nunha zona de difícil acceso. Un helicóptero da Garda Civil e o Grupo de Rescate e Intervención en Montaña puideron chegar ata o lugar.
Un dos sendeiristas foi trasladado a un hospital con posibles fracturas e o outro foi evacuado ata unha zona próxima desde onde acudiu a outro centro sanitario polos seus propios medios.