Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece morto un home que estaba pescando na parroquia de Beluso, en Bueu

Aparece morto un home que estaba pescando na parroquia de Beluso, en Bueu

O home, de 38 anos e veciño de Marín, apareceu no lugar da Roiba este domingo pola mañá

A vítima desaparecera pouco despois da unha da madrugada cando estaba pescando

Alertado o 112, púxose en marcha o operativo de busca: Salvamento Marítimo e a Garda Civil

Vídeo gravado por unha veciña mentres se buscaba o home desaparecido, onte á noite
G24.gal 21/12/2025 11:56 Última actualización 21/12/2025 15:26

O corpo sen vida dun home apareceu a primeira hora desta mañá de domingo no lugar da Roiba, na parroquia de Beluso do concello de Bueu. A vítima é un home de 38 anos e veciño de Marín, que desapareceu contra a unha da madrugada cando se atopaba pescando.

Un home deu a alarma pouco despois da unha da mañá. Avisaba de que había un home na auga e que se vía a luz dunha lanterna no fondo rochoso, nunha zona próxima ao peirao de Beluso e que tamén había outro en terra cun comportamento que lle parecía sospeitoso.

Emerxencias de Galicia 112 mobilizou o equipo de busca. Foi mobilizado Salvamento Marítimo que puxo en marcha o helicóptero Pesca I,  a lancha Salvamar Mirach cun mergullador e tamén a embarcación da Garda Civil Corvo Mariño. Tamén se dispuxeron medios terrestres da propia Garda Civil e de Protección Civil. Con todo, de noite foi imposible atopar o corpo e contra as catro da madrugada suspendeuse operativo ata que se fixese de día.

Esta mañá, xa coa luz do día, a patrulla da Garda Civil localizou desde terra o corpo do desaparecido.

Foto do dispositivo de busca esta madrugada en Bueu, realizada por unha veciña
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade