Grazas a axuda dos veciños puido pasar o Nadal cos seus fillos nun novo fogar
Raúl Sampedro perdeu a súa casa en Castrelo de Miño hai un ano, o día de Noiteboa, por mor dun incendio
Era a casa dos seus avós. Arranxáraa para comezar de novo aquí en España e trouxera os seus dous fillos dende Venezuela buscando un futuro mellor, pero o 24 de decembro de hai dun ano, mentres facían as últimas compras, o lume convertiuna en cinsa.
Perdeu todo, pertenzas, recordos... quedou únicamente co posto. Raúl Sampedro lembra como as lapas truncaron os seus soños. Un día difícil de esquecer, di, pero espertou unha vaga de solidariedade que lle deu forzas para seguir loitando e comerzar de novo.
Déronlle roupa, alimentos e o máis importante: un novo fogar. Durante uns meses prestáronlle unha casa mentres, coa colaboración do concello e da parroquia, recadaban fondos para axudarlle a mercar outra vivenda, nunha aldea a tan só dous quilómetros de onde vivía. A propietaria axustoulle o prezo aos cartos dos que dispuñan e coas achegas da xente, amoblouna.
Un ano despois da traxedia que os deixou na rúa, grazas a solidariedade dos seus veciños, Raúl puido pasar o Nadal cos seus fillos baixo un teito. Perdeu o emprego hai un mes polo que as festas foron máis austeras pero cargadas de gratuitude cara todos os que fixeron posible, di, esta nova oportunidade.