Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home de 49 anos e o seu fillo de 21 nun incendio na súa casa de Mugardos

Morre un home de 49 anos e o seu fillo de 21 nun incendio na súa casa de Mugardos

A Garda Civil descubriunos logo de que uns familiares alertaran de que non tiñan noticias deles desde o pasado mércores

As primeiras hipóteses apuntan a unha morte por inhalación dos gases provocados por un incendio que puido comezar nun sofá

EFE/Kiko Delgado
G24.gal 26/12/2025 10:55

A Garda Civil investiga o falecemento de dúas persoas, un home de 49 anos e o seu fillo de 21, localizados sen vida no interior dunha vivenda de Mugardos.

O achado produciuse tras a alerta de familiares, que non tiñan noticias de ambos desde o pasado 24 de decembro. Ao acceder ao inmoble, os axentes observaron que o interior presentaba signos evidentes de sufrir un incendio, con diversas estancias afectadas polo fume e a calor.

Os corpos foron localizados nunha das habitacións da vivenda. O inmoble foi asegurado e activouse o correspondente protocolo xudicial, quedando o caso baixo investigación.

Á espera dos informes técnicos e forenses correspondentes, non se descarta que o falecemento puidese estar relacionado coa inhalación de gases derivados da combustión, extremo que deberá ser determinado pola autopsia.

As primeiras informacións apuntan a que o lume puido comezar nun sofá.

 

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros Eume, GES Mugardos, Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade