Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor drogado e sen seguro acaba esnafrado co seu vehículo no muro dunha casa en Pontevedra

Un condutor drogado e sen seguro acaba esnafrado co seu vehículo no muro dunha casa en Pontevedra

Chocou cun farol e acabou batendo, un quilómetro despois, contra o muro dunha casa

O condutor tivo que ser trasladado ao Hospital Montecelo con feridas leves

G24.gal 05/01/2026 14:13

O accidente tivo lugar pouco antes das seis da mañá, na avenida de Montecelo, en Pontevedra. O coche colidiu cun farol que quedou tirado na beiravía e o impacto foi tal que perdeu a defensa. Seguiu circulando e preto dun quilómetro despois chocou contra o muro dunha casa, na rúa Pereiras. 

Os veciños, dúas familias que viven nesta casa, espertaron co golpe. Tirara parte do muro e agora teñen que avaliar os danos. Haberá que agardar para arranxalos porque o coche carecía de seguro. 

O condutor é un home de 35 anos que deu positivo en drogas. Tivo que ser atendido no lugar nunha ambulancia e trasladado despois ao Hospital Montecelo con feridas leves. 

A policía local instruíu dilixencias por estes feitos. O vehículo permanece custodiado no depósito municipal do Concello de Pontevedra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade