Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un médico en Vilagarcía por unha suposta agresión sexual a unha muller nunha consulta

Detido un médico en Vilagarcía por unha suposta agresión sexual a unha muller nunha consulta

A detención produciuse o mércores, e a Policía Nacional mantén a investigación aberta porque non descarta a aparición de novas denuncias 

Imaxe do cartel do Corpo Nacional de Policía Imaxe do cartel do Corpo Nacional de Policía
G24.gal 08/01/2026 09:41

Un médico foi detido en Vilagarcía de Arousa pola Policía Nacional como presunto autor dunha agresión sexual a unha muller nova , segundo confirmaron fontes policiais.

As mesmas fontes explicaron que a detención produciuse na tarde deste mércores, por mor da presentación dunha denuncia por uns feitos que ocorreron nunha consulta dunha clínica do centro de Vilagarcía.

O médico foi trasladado a dependencias policiais e interrogado, tras o que quedou en liberdade, á espera de ser citado polo xulgado. A Policía, que mantén a investigación aberta e segue instruíndo dilixencias, non descarta que se poidan presentar novas denuncias.

Fuentes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que o investigado aínda non compareceu en sede xudicial e que, de feito, o tribunal está á espera de recibir o atestado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade