Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres detidos nos disturbios tras o mitin de Vox en Avilés

Tres detidos nos disturbios tras o mitin de Vox en Avilés

Algúns manifestantes tentaron acceder á zona onde Abascal estaba rematando o mitin, pero os axentes da Policía Nacional cortáronlles o paso

G24.gal 22/10/2026 08:41

No seu periplo prelectoral polo norte de España, o líder de Vox chegaba pouco antes das sete da tarde a Avilés e denunciaba unha campaña de violencia contra el. 

A menos de 200 metros do mitin, a Plataforma Asturias Antifascista convocara unha concentración de protesta baixo o lema "paremos os pés ao fascismo". Na praza de Camposagrado, cara a cara, xuntáronse simpatizantes e detractores de Vox.

Un cordón policial instalouse entre ambos bandos para evitar enfrontamentos. Coa chegada da noitiña, a tensión foi en aumento.
Desde a concentración na praza do Concello, algúns manifestantes intentaron acceder á zona onde Abascal estaba rematando o mitin, pero os axentes da Policía Nacional coa axuda da policía local cortáronlles o paso. 

Máis aló dun intercambio de insultos, as cousas non foron a máis. O dispositivo saldouse con tres detidos por desordes públicas e varios feridos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade