Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vento costeiro e ondas de ata 6 metros activan este xoves o aviso laranxa no noroeste da Coruña e na Mariña

Vento costeiro e ondas de ata 6 metros activan este xoves o aviso laranxa no noroeste da Coruña e na Mariña

A Secretaría Xeral para o Deporte anunciou a suspensión da actividade deportiva Xogade e federada no mar

Arquivo. Carlos Castro-Europa Press Arquivo. Carlos Castro-Europa Press
G24.gal 07/01/2026 16:44 Última actualización 07/01/2026 20:50

A Xunta activa a partir do mediodía deste xoves a alerta laranxa na costa noroeste da Coruña, xa que se esperan refachos intensos de vento no mar (ata forza 8) e ondas que poderán alcanzar os 6 metros nesa zona e tamén na Mariña de Lugo.

Igualmente estará activado o nivel amarelo por vento este xoves en zonas do interior do Noroeste da Coruña, da Mariña e da montaña de Lugo, e tamén por mar de vento nas Rías Baixas.

Xa o venres, mantense aviso laranxa por ondada tanto no litoral noroeste coruñés como na Costa da Morte e na Mariña de Lugo, e hai aviso amarelo por mar de vento nesas mesmas zonas.

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes informou, a través do 112, os concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de Protección Civil, e clubs náuticos, entre outras entidades.

Debido á alerta laranxa, a Secretaría Xeral para o Deporte anunciou a suspensión da actividade deportiva Xogade e federada no mar nos concellos afectados.

Como é habitual, a Xunta trasladou unha serie de recomendacións, como manterse afastado da liña de costa (diques, rompentes e paseos marítimos), extremar as medidas de seguridade no mar, revisar os cabos e amarres, e consultar a páxina web do CIAE 112 Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar