Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa o temporal de frío e neve na Península

Continúa o temporal de frío e neve na Península

Dez comunidades continúan en aviso amarelo por friaxe e neve

G24.gal 07/01/2026 14:26

As comunidades do norte e do centro son as que máis están notando os efectos do temporal. Nalgúns puntos de Castela-A Mancha chegou a activarse esta madrugada a alerta vermella por frío extremo. En Guadalaxara chegaron aos 14 graos baixo cero! Pero a friaxe notouse tamén con intensidade en Cantabria, nos Pireneos ou en Teruel, onde o termómetro marcou ata 12º baixo cero. Esta mañá continuaban aínda a menos 6º.

Durante a mañá a Axencia Estatal de Meteoroloxía mantivo avisos por frío en dez comunidades. Aragón, Castela e León, Cataluña, Navarra e País Vasco mantéñese tamén en nivel amarelo por acumulacións de neve

Neve e xeo que dificultan a circulación por estrada. En Asturias e Cantabria hai tres portos de montaña cerrados e máis de vinte estradas nas que xa é imposible circular sen cadeas. Autoestradas e autovías tamén se viron afectadas polo temporal, entre elas a A-6 con varios tramos complicados pero sen restricións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade