Publicador de contidos

Publicador de contidos

Somos persoas maiores a partir dos 60 anos de idade?

Somos persoas maiores a partir dos 60 anos de idade?

A OMS marca esa cifra como inicio da idade avanzada no ámbito global, malia variar en función das condicións de vida de cada país

Isolina, que xa supera os 90 anos, lémbrase a si mesma como "unha moza" cando tiña 60 anos de idade
Félix Aragunde 06/10/2025 20:30

Segundo a Organización Mundial da Saúde, a partir dos 60 anos unha persoa xa pode comezar a considerarse de idade avanzada. Pero os nosos maiores semellan non estar moi de acordo con esa clasificación, a teor da lembranza que teñen de cando eran sexaxenarios.  

O límite establecido para a mediana idade ten carácter global, xa que dependerá da calidade de vida de cada rexión do mundo. Ben o saben os profesionais que se dedican ao coidado das persoas maiores, que sinalan que as actividades axudan a prolongar o benestar dos anciáns, incluso ata o punto de poderen recuperar a súa independencia. 

"A idade, ao final, é un número. Aquí hai persoas de máis de 90 anos que están participando nas actividades diarias con total normalidade. Si é certo que son atividades orientadas e apoiadas polo persoal, pero cando ven que son capaces de realizalas iso anímaas a seguir participando e a superarse no día a día", sinala Mónica Pardo, directora da residencia de maiores de Palas de Rei. 

Estímase que en Galicia hai unhas 900.000 persoas maiores de 60 anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade