Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban nun restaurante de Ourense por segunda vez en mes e medio

Rouban nun restaurante de Ourense por segunda vez en mes e medio

Os ladróns accederon do mesmo xeito: rompendo un dos cristais da porta coa tapa dun sumidoiro

Cámara de seguridade en que quedou rexistrado o roubo
G24.gal 30/09/2025 14:30

Levan 13 anos no barrio da Ponte, en Ourense, e xa foron vítimas de varios roubos pero nunca tan seguidos. En pouco máis dun mes os ladróns entraron no restaurante A Antiga Leitería en dúas ocasións.

Na primeira, a mediados de agosto marcharon coa caixa rexistrado e mercadoría pero foron detidos preto do local. A policía seguiu o rastro do sangue que deixou un dos ladróns que resultou ferido co cristal que romperon para entrar.

Daquela empregaron a tapa dun sumidoiro e mes e medio despois volveron a empregar o mesmo modus operandi. Desta volta marcharon só coa rexistradora onde había uns 200 euros en moedas para cambios. 

A Policía Nacional investiga xa o acontecido que foi rexistrado polas cámaras de seguridade.

Mentres, Pablo Otero, xerente do restaurante, recoñece, resignado, que, aínda que o valor do roubado non é moito, o problema está nos continuos danos e na sensación de inseguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade