Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tentan roubar por segunda vez en menos dun mes nunha tenda de larpeiradas de Pontevedra

Tentan roubar por segunda vez en menos dun mes nunha tenda de larpeiradas de Pontevedra

A propietaria do establecemento pide máis control policial

G24.gal 25/06/2026 13:53

Segundo intento de roubo nunha céntrica tenda de larpeiradas de Pontevedra. A súa propietaria, Nohely Medina, considera que o ladrón é o mesmo porque empregou o mesmo modus operandi que a outra vez, cunha gran pedra bateu nos cristais e logo deixouna no mesmo sitio que no roubo anterior.

Deste segundo intento só quedan unhas rabuñaduras no cristal. Nohely Medina está plenamente convencida de que é o mesmo autor da outra vez porque tamén empregou unha pedra grande para romper o cristal. E deixouna no mesmo sitio.

Da outra vez estima unhas perdas próximas aos 1.000 euros, ademais de renovar a porta e todo o que se perdeu en envíos pola Internet que recibe na tenda.

Considera Nohely que esta zona de Pontevedra precisa máis vixilancia porque están desaparecendo establecementos e os domingos e festivos é moi vulnerable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade