Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeira patente para un proxecto de alumnos da FP galega

Primeira patente para un proxecto de alumnos da FP galega

Catro estudantes de Vigo deseñaron un proxecto que mellora a xestión das augas residuais das fosas sépticas no rural

G24.gal 04/10/2025 21:13 Última actualización 04/10/2025 21:36

Mellorar o tratamento das augas residuais no rural será posible grazas ao proxecto dun grupo de catro alumnos do centro de formación profesional Valentín Fernández Paz de Vigo. É o sistema Netclean de limpeza automatizado para fosas sépticas que destrúe e filtra os refugallos sólidos, o que mellora a eficiencia e a sustentabilidade. É a primeira patente rexistrada no centro de innovación da FP e xorde no marco do certame InnovaTech FP, en que se pediu aos alumnos resposta ao reto presentado pola empresa Viaqua. 

"Para realizar o proxecto tivemos a colaboración de Viaqua, que nos forneceu dos detalles dunha fosa en pleno funcionamento para podermos ter unha visión máis clara á hora de dimensionar o proxecto."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade