A solicitude de prazas para FP ábrese o 15 de xuño
A primeira adxudicación de prazas terá lugar o día 10 de xullo, con prazo de matrícula aberto entre o 10 e o 15 do mesmo mes
Imaxe de arquivo
O período para solicitar praza nalgún dos 277 ciclos de Formación Profesional de Galicia estará aberto do 15 ao 30 de xuño e o primeiro prazo para a matrícula será entre o 10 e o 15 de xullo.
Así o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, durante a visita que realizou á 29ª edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2026, xunto coa conselleira do Mar, Marta Villaverde.
As persoas interesadas en optar a algunha das 50.224 prazas de novo ingreso en FP que se habilitan para o próximo curso poderán realizar as solicitudes durante toda a segunda quincena do mes de xuño.
Unha vez pechado esta prazo, comezará o período de adxudicación, que se desenvolverá integramente en xullo, unha novidade incorporada o pasado ano.
A primeira adxudicación de prazas terá lugar o día 10 de xullo, con prazo de matrícula aberto entre o 10 e o 15 do mesmo mes.
Despois, coas prazas que queden libres realizarase unha segunda adxudicación o 20 de xullo, con prazo de matrícula entre o 20 e o 23. Finalmente, a terceira adxudicación será o 27 de xullo e a matrícula formalizarase entre o 27 e o 29.
A partir dese momento, realizarase un proceso de adxudicación continua para aqueles ciclos nos que queden vacantes por cubrir.
Deste xeito, cada centro procederá a chamar ás persoas que se atopen na listaxe de espera por orde para que realicen a inscrición.
O conselleiro destacou que se trata dunha oferta "ampla e variada", que chega a todo o territorio, polo que "calquera que o desexe, pode atopar un oco" na FP galega.