Publicador de contidos

Publicador de contidos

A formación dos auxiliares de voo, os ollos do comandante na cabina do avión

A formación dos auxiliares de voo, os ollos do comandante na cabina do avión

 Cursos duns catro meses que inclúen ata medicina aeronáutica

Para ter o título hai que pasar o examen da Axencia Estatal de Seguridade Aérea

G24.gal 07/07/2026 19:52 Última actualización 07/07/2026 21:14

    Entramos en Air Hostess, unha academia de auxiliares de voo en Compostela. Toca clase de primeiros auxilios. Reciben coñecementos básicos e outros que so poden xurdir nun avión.

     A formación corre a cargo de Marcos Lebrero, médico de urxencias e profesor de medicina aeronáutica. Explica que as aspirantes a obter o título saen preparadas para atender e xestionar urxencias menores, pero tamén a saber detectar urxencias maiores que obrigan a contactar con persoal sanitaria e a informar ao comandante para aterrar o avión. 

Tamén lles aprenden supervivencia ou mesmo a atender unha crise de pánico, algo relativamente común polo medo a voar de moita xente. Lebrero explica que do curso teñen que sair capacitadas para falar con esa persoa e tranquilizala. E a poñerlle unha bolsa pechada para que respiren por ela non caso de que empece a hiperventilar.

 Estíbaliz Sánchez, con 20 anos de experiencia como tripulante de cabina, ocúpase das materias máis especificas do curso. Apréndelles desde como actuar nun amaraxe ata a detectar no embarque un pasaxeiro problemático. Conta que ao principio a nivel persoal o máis complicado é adaptarse aos cambios de horario e de presión. Pero que isto se vai superando e no día a día o mellor e o peor da profesión é o trato coa xente. Ás veces vólvese dificil cando deben enfrontarse a un pasaxeiro problemático.  Son os ollos do comandante e deben comunicarlle cando detectan, incluso durante o embarque, que alguén pode resultar un perigo para a navegación ou o resto da pasaxe e a tripulación.

Cada alumna ou alumno ten as súas motivacións para prepararse para esta profesión. Marta Sayáns di que lle encantan os avións desde pequena, estar neles e saber como funcionan. Sara Abdaoui soña con poder traballar en voos longos para coñecer xente e culturas doutros países.

 Nuns días estes soños poden ser realidade. Tras catro meses de formación na academia, farán os exames da Axencia Estatal de Seguridade Aérea para obter o título e ter acceso aos postos de traballo que ofertan as compañías aéreas.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade