Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia ofertará máis de 50.000 prazas de FP de novo ingreso no próximo curso

Galicia ofertará máis de 50.000 prazas de FP de novo ingreso no próximo curso

Alfonso Rueda sinala o éxito destes estudos e a súa alta demanda que fai que cada curso se supere o récord histórico de matrículas

G24.gal 01/06/2026 14:29 Última actualización 01/06/2026 14:47

O Consello da Xunta aprobou este luns a oferta de Formación Profesional para o próximo curso académico que superará as 50.000 prazas de novo ingreso, un milleiro máis que no anterior.

Segundo destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o éxito destes estudos medra cada ano, e neste próximo 2026-27 volverase a bater o récord histórico de matrículas.

Entre as novidades do próximo curso, Rueda destacou a posta en marcha do primeiro ciclo internacional de FP nun centro público de España, que combinará o currículo galego e británico nun ciclo superior de Desenvolvemento e aplicación de multiplataformas que se imparte na Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade