Publicador de contidos

Publicador de contidos

O IES Fernando Wirtz estrea o 1º ciclo de FP internacional do ensino público

O IES Fernando Wirtz estrea o 1º ciclo de FP internacional do ensino público

O título está automaticamente homologado co británico e con só un ano máis de estudo permite optar a un grao universitario no Reino Unido

G24.gal 02/09/2026 13:23

Houbo máis de trescentas solicitudes para as vinte prazas do primeiro ciclo internacional de Formación Profesional do ensino público en España: un ciclo superior de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma. Hai xa 21 profesores formados, e está listo un programa docente que combinou o currículo galego cos requirimentos da titulación no Reino Unido.

"Houbo que fusionar os contidos de alí e de aquí, houbo un grupo de traballo coa xente do British Council para ver que contidos habería que incorporar para obter a dobre titulación", explicou Rafael Menéndez, o Director do IES Fernando Wirtz.

"En dous anos os alumnos que cursen este ciclo van ter o título español de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e simultaneamente obterán tamén un título de Formación Profesional do Reino Unido. Iso evidentemente amplía as posibilidades de inserción laboral e tamén as posibilidades de mobilidade educativa", declarou Eugenia Pérez Fernández, a Directora xeral de Formación Profesional. 

Cos mesmos sistemas de avaliación, o titulo equivale aos niveis L4 e L5 británicos.

"Se cursasen o L6 no Reino Unido obterían un grao universitario no Reino Unido, entón pódese dicir que con dous anos de FP aquí máis un ano de estudos no Reino Unido terían un grao universitario", subliñou Rafael Menéndez, o director do IES Fernando Wirtz.

Un proxecto que comeza na Coruña e que permite unha titulación con recoñecemento internacional e sen necesidade de homologación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade