Mondariz viviu a primeira edición do Gran Premio de Carrilanas
Máis dun centenar de vehículos participaron en 14 categorías distintas
A proba é puntuable para o Open de España e o Campionato Gallego
Centos de veciños e visitantes ateigaron as rúas para animar os participantes, que baixaron a toda velocidade cos seus vehículos artesanais. A creatividade marcou a xornada, con carrilanas que reproducían dende coches de época ata foguetes espaciais.
Participaron máis dun centenar de vehículos, rexistrados en 14 categorías distintas.
A proba consistiu con catro pases, dous deles de mañá e os demais en horario de tarde. O circuíto, cunha lonxitude de preto de 3 quilómetros, contou coas características necesarias para garantir unha proba segura e que cumpriu coas directrices da Federación Española.
A proba é puntuable para o Open de España e o Campionato Gallego.
Ademais da competición, houbo música, xogos e postos gastronómicos que deron ambiente festivo á vila.