Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha trintena de bólidos tomaron a saída no "Jran Prix" de carrilanas de Ribeira

Unha trintena de bólidos tomaron a saída no "Jran Prix" de carrilanas de Ribeira

A competición forma parte da programación da Festa da Dorna

A primeira edición celebrouse en 1990

G24.gal 20/07/2025 21:06 Última actualización 20/07/2025 21:31

As escuderías afinan os bólidos nas horas previas á competición. Na posta a punto, nada queda por revisar. A carreira é mais esixente este ano, porque o circuíto urbano estrea trazado.

"Agora hai unha rotonda nova, temos que coller un novo trazado, a ver como a collemos. Levamos catro anos gañando. Somos os que máis vitorias temos da festa", di un piloto participante

O Jran Prix de carrilanas de Ribeira forma parte da Festa da Dorna. Coa embarcación tradicional algúns coches comparten un aire clásico e a construción en madeira.

"A idea era facer un coche clásico,  do coche clásico saíu a idea de facer un coche de voda, e do coche de voda acabamos casando nós", di un participante.

As carrilanas reinvéntanse cada ano. A condución non é aquí o único importante.

"Valoramos o bonita que sexa a carrilana, valórase a "performance" que fan durante a presentación cando o xurado as vai ver, e que a carrilana sexa capaz de descender de forma fluída e chegue abaixo enteira", explica un membro da organización

A dos cantantes no tardou en espetarse, sen maiores consecuencias. Había medidas de seguridade por todo o circuíto, e o uso do casco era obrigatorio.  Porque o importante, ademais de pasalo ben, era non mancarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade