A Pontenova acolle un descenso de carrilanas puntuable para o campionato de Europa
Na proba participan máis dun cento de pilotos que teñen que cubrir unha distancia de tres quilómetros e medio
Non levan motor, só freos e volante, por iso ver descender estes artiluxios é un auténtico espectáculo. Di un dos pilotos participantes, Iván González, que a técnica é "frear o menos posible".
O descenso de carrilanas da Pontenova reúne este ano máis dun cento de pilotos. Explica o piloto Félix Jr. Delgado que "esta proba é puntuable para o campionato europeo e o de España e hai bastante nivel". Pola súa parte, un dos membros do club organizador, Javier Cruña indica que "é espectacular porque hai vehículos de todo tipo"
En menos de tres minutos os pilotos máis rápidos son quen de cubrir os 3 quilómetros e medio desta estrada. Entre o público asistente á carreira, manifestaba un home que "se nota que os protagonistas da carreira invisten moitas horas en preparar os coches".
Todo un espectáculo que se complementa pola noite cun festival de maxia.