Publicador de contidos

Publicador de contidos

Do Arde Lucus ao Son do Camiño: os plans para non quedar na casa esta fin de semana

Do Arde Lucus ao Son do Camiño: os plans para non quedar na casa esta fin de semana

Artistas internacionais, unha festa romana e diversas romerías marcan a axenda galega dos próximos días 

Foto de arquivo/Europa Press/Carlos Castro Foto de arquivo/Europa Press/Carlos Castro
G24.gal 17/06/2026 09:13

Galicia afronta unha fin de semana chea de propostas para todos os gustos. Festivais, recreacións históricas, romarías, teatro e gastronomía repártense por toda a comunidade coa chegada do verán. 

Música 

 O Son do Camiño en Santiago de Compostela (18, 19 e 20 de xuño): O Monte do Gozo acolle unha nova edición do festival con artistas como Katy Perry, Likin Park, Lola Índigo ou Dani Martín. Unha das grandes citas musicais do ano en Galicia.

Festas de Ourense (do 17 ao 21 de xuño): as festas da cidade inclúen concertos de M-Clan, Miguel Ríos, Dirty Suc ou Hard GZ, ademais de actividades para todas ass idades durante cinco días. 

Festival do Verán de Dena (Meaño): o vindeiro 20 de xuño a cita musical contará coa actuación de Anaís e do Combo Dominicano, un dos grupos máis populares da verbena galega. 

Cadena Dial: A xira de verán (Vigo): este mércores 17 de xuño as 20:00 horas, a praia de Samil será escenaio dun concerto gratuíto con artistas como Marta Santos ou o grupo Despistaos dentro da xira estival da emisora. 

Historia e tradición 

Arde Lucus (Lugo): do 18 ao 21 de xuño Lugo regresa á época romana con campamentos, desfiles, loitas de gladiadores, rituais e espectáculos históricos, Abraham Cupeiro será o encargada de clausurar a celebración. 

Festas do Corpus e Sano Hadrián (Malpica): a programación do 19, 20, 21 de xuño inclúe verbenas, actuacións musicais e actividades populares nunha das festas máis destacadas da Costa da Morte. 

Festa dos Fachos (Redondela): o 20 de xuño a tradicional subida nocturna ao monte da Peneda con fachos acendidso volverá a reunir centos de participants nunha celebración cargada de simbolismo. 

Gastronomía 

Festa do Viño de Barro (Pontevedra): do 18 ao 21 de xuño a localidade pontevedresa rende homenaxe aos viños da comarca con degustacións, música e actividades para todos os públicos. 

Festa de Exaltación da Carne de Porco (Cervo): o 20 de xuño a cita gastronómica permitirá degustar diferentes elaboracións de porco, como costela ou chourizo, un ambiente festivo e familiar. 

Teatro

Mostra Iternacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas: do 21 de xuño ao 5 de xullo Cangas acolle unha nova edición dun dos festivais escénicos máis recoñecidos de Galicia, con espectáculos de rúa, humor e propostas para todos os públicos. 

Unha fin de semana para percorrer Galicia 

Da música internacional ás tradicións ancestrais, pasando pola gastronomía e o teatro, Galicia ofrece unha ampla variedade de plans para dar a benvida ao verán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade