Publicador de contidos

Publicador de contidos

As reservas para as ceas de Nadal fanse cada vez con máis antelación

As reservas para as ceas de Nadal fanse cada vez con máis antelación

Hai restaurantes con peticións dende hai varias semanas e para ceas xa no mes de novembro

As luces de Vigo influíron no aumento de reservas e no adianto das datas de celebración das xuntanzas

G24.gal 01/10/2025 20:45 Última actualización 01/10/2025 21:16

Se cadra é un pouco cedo para pensar nelas, pero o certo é que son moitos os restaurantes que xa están recibindo reservas para as ceas de Nadal. Hai temor a quedar sen mesa nos locais de confianza e cada vez se adiantan máis as celebracións.

As fins de semana previas á Noiteboa son as máis solicitadas para as tradicionais xuntanzas de amigos, familias ou empresas. A xente quere asegurar mesa na data preferida e apura as peticións aínda non rematado o verán.

"Con resepcto ao ano pasado mellor, resérvase con máis antelación. Pois desde hai quince ou vinte días", sinala Humberto García, xerente do asador A Favela.

"E cada vez é máis cedo as reservas das ceas. E temos reservas de empresas que veñen todos os anos e tamén doutras novas, que piden presuposto. A mediados de novembro xa temos todo completo", comenta Carlos García, propietario do asador A Roda.

En Vigo, por exemplo, hai un evento que nos últimos anos marca o inicio das enchentes de Nadal, que se adiantan no calendario.

"Desde que puxeron as luces, iso foi unha bomba. Dende novembro xa temos ceas. E non podes máis porque non teño máis sitio, se non tamén se enchía", di Humberto.

"A finais de novembro xa temos reservas. Tamén un pouco polas luces de Vigo, que atrae moita xente sobre todo as fins de semana", corrobora Carlos o fito que supuxo para a restauración en nadal o acendido das lcues navideñas.

Os prezos da materia prima subiron, polo que é probable que o menú de Nadal saia un chisco máis caro, dependendo do local. "O produto é máis caro, sí, pero nós tratamos de manter os prezos", asegura o xerente de A Favela.

"Aos clientes xa lles decimos que temos que subir un 5%, aínda que a suba que nos aplican os proveedores é maior", recoñece Carlos, que dende hai vinte anos dirixe o asador A Roda.

Con todo, máis que o sitio o máis importante é ter boa compañía na celebración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade